VERANO

Os nenos de Verín viaxan ata Laza e coñecen á Brif

4f134290-6cca-4f6e-bf40-219f9de8ab78
photo_camera Os cativos coñeceron o helicóptero da Brif de Laza.
A ludoteca de verán realiza excursións didácticas cos máis pequenos

Un grupo de cativos da ludoteca de verán do Concello de Verín descubriu como traballan os integrantes da Brigada de Reforzo en Incendios Forestais (Brif) de Laza, “unha apaixonante visita  ao seu mundo”, anotaron dende a entidade. 

Foron un total de 60 nenos, con idades entre os 3 e os 5 anos de idade, os que coñeceron as instalacións da Brif de Laza. Tiveron a oportunidade de explorar a súa base e descubrir en primeira persoa as ferramentas que utilizan, os seus usos e os protocolos que seguen para protexer os bosques. Tamén montaron nos helicópteros, fixeron fotos, participaron nun simulacro dirixido polos pilotos e nunha charla interactiva coa brigada de bombeiros. 

Dende a ludoteca de Verín agradecen á “Brif que nos abrirán as súas portas e compartiran con nós un día cheo de aprendizaxe e emoción”, afirmando que o traballo que realizan “é fundamental para manter os nosos bosques a salvo”.

Esta semana, os participantes no campamento urbano do Concello de Verín tamén desfrutarán dunha excursión, pero eles viaxarán ata A Veiga de Valdeorras, para coñecer o lugar e os numerosos atractivos que agocha. Son actividades complementarias ás que realizan na vila, para coñecer lugares novos e aprender sobre diferentes campos. 

Te puede interesar