Breve

Nova andaina pola ribeira do Támega: cando e horarios

limpieza támega Verín (C.C.)
photo_camera Imaxe de arquivo do río Támega ao seu paso por Verín. (Foto: C.C.).

Ecoloxistas en acción Ourense, en colaboración coa Asociación Amigas das Cegoñas, organiza unha nova andaina -despois da do Bosque do Pracer- ao carón do Támega: “Xunta dos Ríos”.

O vindeiro sábado, ás 09,45 horas arrancará a camiñada guiada por Xosé Ramón Reigada, que sairá do Muíño e Casa do Pracer (Pazos). A cita incidirá na importancia ecolóxica, saúde ambiental e biodiversidade. 

Te puede interesar