Monterrei

A Oficina de Turismo de Monterrei muda o horario

Monterrei

A Oficina de Turismo de Monterrei muda o horario

A Oficina de Turismo de Monterrei vén de mudar o seu horario de apertura e atención aos visitantes logo da finalización do periodo estival. Deste xeito, o cadro de inverno quedará establecido entre as 10,30 horas e as 18,30 horas de mércores a domingo, tal e como anunciaron os responsables deste servizo turístico nesta mesma semana. 

A Oficina de Turismo pechou a campaña de verán con bos datos malia a situación vivida pola pandemia do covid e a reducción obrigatoria dos grupos de participantes para formar parte das visitas guiadas -logo das últimas restriccións non se permiten máis de catro persoas por grupo-. 

Segundo datos facilitados polos responsables, durante a tempada alta de verán -sendo o mes de xuño o máis complicado pola desescalada- visitaron a Acrópole de Monterrei máis de 5.000 persoas, e cada semana completáronse os grupos establecidos para efectuar as mencionadas visitas guiadas. Un dato positivo que demostra que o interese polo conxunto non se viu mermado pola situación.