Oímbra retoma os seus cursos de informática: cando e onde

Colegio Oímbra (fotonoticia)
photo_camera O CEIP de Oímbra.
O CEIP de Oímbra tamén organiza unha formación sobre igualdade

O Concello de Oímbra retomará os cursos e formacións na súa aula tecnolóxica. Tras unha pausa, e coa colaboración da Deputación de Ourense, o ente municipal ven de anunciar que as clases de informática se retomarán nesta segunda quincena de outubro. 

O vindeiro 18 de outubro comezarán a quenda os adultos, de 11,00 a 12,00 horas, un horario que se manterá cada martes. Mentres, os mércores -comezarán o 19 de outubro- será a quenda dos cativos de 5 a 10 anos de 17,00 a 18,00 horas e dos rapaces de 11 a 16 anos de 18,00 a 19,00 horas.  Para participar nestas actividades é necesario inscribirse na casa consistorial de Oímbra ou chamando ao teléfono 988 42 61 60. 

Ademais, coa colaboración do ente municipal, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP de Oímbra están a organizar unha formación para as familias do centro educativo, así como outras de localidades próximas. Baixo o nome de “Unha maleta de recursos para a transformación coeducativa”, os participantes falarán, xogarán e tomarán contacto con recursos e posibilidades para educar en igualdade. 

Este taller comezará o venres e prolongarase ata o 19 de outubro, en horario de 16,30 a 18,30 horas no centro social de Oímbra. Esta iniciativa lévase a cabo a través do programa de Coeducación participativa na infancia para construír igualdade.

Te puede interesar