ASOCIACIÓN

A “Orde dos Cabaleiros de Vigo” visitará Monterrei

Imaxe recente dunha xuntanza dos membros da asociación.
photo_camera Imaxe recente dunha xuntanza dos membros da asociación.
Esta entidade sen ánimo de lucro trátase dunha asociación que organiza visitas culturais e gastronómicas a diversos puntos da xeografía galega

Fundada no ano 1995 na capital olívica, na actualidade está presidida por Antonio Puga e conta con 60 membros. Os “cabaleiros” da Orde desembarcarán este vindeiro sábado na comarca de Monterrei tras visitar este ano Lalín, na comarca do Deza, e Ribadavia.

En primeiro lugar visitarán o Castelo de Monterrei, acudirán a varias adegas da DO Monterrei e tamén pasarán polo Centro de Interpretación da Castaña, na Reitoral da Chaira do Riós.

Normalmente os seus desprazamentos teñen lugar no último sábado de cada mes, e os membros da “Orde dos Cabaleiros” van todos vestidos cunha capa e sombreiro, e acompañados por un grupo de gaiteiros.

Tratándose dunha agrupación gastronómico, o momento máis salientable é cando se xuntan todos arredor da mesa. Desta vez, a Casa Gandainas de Verín é o lugar escollido para o xantar.

Te puede interesar