Un peliqueiro protagoniza "Averno", o novo videoclip das Tanxugueiras con Rayden

peliqueiro tanxugueiras (1)
photo_camera O videoclip "Averno" das Tanxugueiras e Rayden.
A nova peza das artistas galegas, en colaboración con Rayden, fai un viaxe polo inferno

As Tanxugueiras sempre sorprenden. Máis aló de promocionar a lingua galega, o grupo formado por Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, e acompañadas por Rayden, quixeron presumir dunha das figuras máis representativas do Entroido galego, o Peliqueiro de Laza. 

Así o amosaron na súa nova peza, "Averno", que saíu este venres a luz, a un día de que se celebre a final do Benidorm Fest e se coñeza ao gañador.

"Averno" leva ao espectador a un viaxe polo inferno e os demos, no que o Peliqueiro semella unha figura "superior" e na que as Tanxugueiras forman parte dese círculo. "Cando estabamos na grabación puxéronsenos os pelos de punta", contan os lazanos.

A partir do minuto dous do videoclip, o Peliqueiro colle impulso e fai soar os chocos, engadindo á peza un grao máis da cultura galega. Unha forma de promocionar o Entroido e a tradición, algo que en Laza buscan preservar ano tras ano.

"Cando nos chamaron non o pensamos nin un momento, cremos que a súa forma de levar a cultura e o folclore galego é brutal e impresionante", explican dende a comisión de Entroido, entusiasmados de formar parte dunha canción das artistas galegas. "Para o Entroido de Laza e para nós é un orgullo poder colaborar con elas en calquera cousa, o importante é que a cultura, a identidade e o folclore e, ao fin e ao cabo, o noso Entroido, se dean a coñecer, é o que están a transmitir elas agora mesmo", engaden.

peliqueiro tanxugueiras (2)

Te puede interesar