A renovación do saneamento de O Navallo, en Riós, beneficia a 66 vivendas

Concello de Riós (foto: Martiño Pinal)
photo_camera Concello de Riós (foto: Martiño Pinal).
A actuación ten unha duración prevista de catro meses dende o día que se inicien as obras

A renovación e mellora dos sistemas de abastecemento e saneamento no núcleo de O Navallo (Riós) xa está en marcha. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar a obra por 343.840 euros.

Esta intervención ten como obxectivo dotar a O Navallo duns servizos que respondan ás necesidades dos veciños, enmarcada no convenio de colaboración asinado o pasado mes de novembro entre a Xunta e o Concello. “A actuación prevé un investimento de máis de 405.000 euros, catro meses de execución e será Augas de Galicia a encargada da execución das obras, mentres que o Concello lle corresponderá a recepción, mantemento e conservación das actuacións”, anotan dende a Xunta.

Así, a nova rede de saneamento de augas residuais -a actual está obsoleta- dará servizo a un total de 66 vivendas. 

Te puede interesar