A ruta de "Portas do Invernadeiro" sae o domingo de Campobecerros

o invernadeiro, vilariño de conso (XESÚS FARIÑAS) (6)_resultado
photo_camera Imaxe do parque natural do Invernadeiro. (Foto: Xesús Fariñas).
Esta andaina ofrece tres percorridos variados: un de 4,5 quilómetros, outro de 13,4 e un difícil de 18,9 quilómetros

Como xa é habitual nos últimos anos, a comunidade de montes veciñais en man común de Campobecerros (Castrelo do Val) organiza a quinta edición da camiñada pola ruta das “Portas do Invernadeiro”. A cita será este domingo, ás 08,30 horas dende a aldea de Campobecerros e ofrece unha andaina polos camiños deste núcleo rural con gran riqueza natural as portas do parque natural.

Haberá tres posibles percorridos circulares, adaptados ás necesidades dos participantes: un de dificultade baixa de 4,5 quilómetros, outro de dificultade media de 13,4 e un percorrido difícil de 18,9 quilómetros de distancia. Todas as rutas contarán con avituallamento de comida e auga fresca, ademais dun agasallo para todos os participantes nas “Portas do Invernadeiro”. 

O equipo organizador tamén dispón dun coche escoba por se fora necesario recoller a algún participante, de duchas gratuítas e de servizo de bar, para cubrir, así, todas as necesidades dos camiñantes.

Dende a organización informan de que para participar é necesario inscribirse antes de que remate o día do 2 de xuño. O prezo da camiñada é de 5 euros, mentres que con comida é de 10 euros, co xantar no restaurante Merendeiro do núcleo rural. Os interesados poderán sumarse a esta andaina anotándose na tenda Multisport en Verín, no restaurante Merendeiro ou a través dos teléfonos 674 400 046 e 676 149 038. 

Te puede interesar