Monterrei

A senda peonil de Albarellos estará lista o vindeiro febreiro

Monterrei

A senda peonil de Albarellos estará lista o vindeiro febreiro

O rexedor de Monterrei, José Luis Suárez, e Gabriel Alén visitaron as obras.
photo_camera O rexedor de Monterrei, José Luis Suárez, e Gabriel Alén visitaron as obras.

A senda peonil de Albarellos, no concello de Monterrei, estará lista o vindeiro mes de febreiro. Estas son as contas do departamento encargado de acometer dita obra, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia. Neste senso, o titular da Delegación do Goberno Autonómico en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta semana o estado da intervención en compañía do rexedor de Monterrei, José Luis Suárez. Ambos percorreron o treito de máis de trescentos metros no que comprobaron o estado avanzado das obras e coincidiron en que se trata dunha construción necesaria que facilitará os desprazamentos dos veciños dun xeito máis sustentable, cómodo e seguro. A actuación conta cun investimento total de 180.000 euros e ten un prazo de execución de seis meses. 

O novo itinerario desenvólvese na estrada autonómica OU-143, cuxo trazado coincide co discorrer da Vía da Prata, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 1,460 e 1,800. Trátase dunha senda a ambas dúas marxes da estrada, duns 340 metros de lonxitude e un ancho mínimo de 1,9 metros.

Más en Monterrei