monterrei

Traballadores de Verín piden melloras laborais

Traballadores municipais protestan ante a fachada do Concello de Verín.
photo_camera Traballadores municipais protestan ante a fachada do Concello de Verín.

Dende a CIG calificaron a resposta do persoal como "un respaldo completo a un paro simbólico que pretendía ser un toque de atención para o grupo de goberno"

Preto de 60 traballadores e funcionarios do Concello de Verín -excluíndo Policía Local e persoal laboral temporal- concentráronse frente ás portas do Consistorio nun parón de actividade de 20 minutos no que esixiron que se mellorasen as súas condicións e salarios.

Dende a CIG, sindicato convocante, calificaron a resposta do persoal como "un respaldo completo a un paro simbólico que pretendía ser un toque de atención para o grupo de goberno", apuntou Anxo García, portavoz da agrupación.

Baixo o lema "Menos leria e máis feitos" o persoal concentrouse ás 12,00 horas da mañá. "Adícanse a vendernos cousas e non hai feitos de ningún tipo. Deben deixar de aumentar os gastos en persoal de alta dirección, en favor de que os pequenos traballadores poidan incrementar o seu poder adquisitivo e o valor dos seus servizos", sinalou García, quen apuntou que, ao primeiro caso, chegáronse a destinar 250.000 euros do orzamento. "Cremos que conseguimos dar ese toque de atención e imos a agardar unhas semanas. Agora a pelota está no seu tellado".

Te puede interesar