O Concello volve facer das súas.

Cacicada no Concurso de Cartaces do Entroido de Xinzo

Na edición deste ano do Entroido de Xinzo, celebrouse un sorteo para elexir o cartaz oficial do Entroido 2013. Como non podía ser doutra maneira neste Concello, a votación estivo chea de irregularidades.

Como todos os veciños de Xinzo de Limia teñen en coñecemento, este año a Concellería de Cultura decidiu celebrar un concurso de cartaces para elexir o cartaz oficial do Entroido 2013.

A medida tivo moita acollida, con máis de 15 cartaces presentados, tanto de artistas locales como de outras cidades, todos de grande calidade.

Non obstante, a medida non estivo exenta de polémica, xa que na votación do cartaz gañador houbo unha serie de irregularidades. Os veciños de Xinzo xa están acostumados a estas irregularidades, xa que o Concello é proclive a mostrar unha grande falta de transparencia en todas as accións que leva a cabo, sen embargo, en ocasións anteriores non se puido denunciar públicamente por falta de probas. Non obstante, desta vez o incumplimento das bases do concurso e as irregularidades na votación foron tan evidentes, que existen probas de abondo para declarar o feito como Cacicada.

Para aqueles escépticos, que non se fíen das miñas verbas e precisen de máis información, a continuación queda un enlace onde se explica o proceso seguido polo Concello e as Irregularidades que houbo de maneira moi detallada:

http://cartelentroidoxinzo2013.blogspot.com.es/

Te puede interesar