A OU-154 mellorará na seguridade de peóns e coches

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou por un investimento de 298.812 euros as obras que culminarán a humanización da travesía da estrada autonómica OU-154 no Reino, no concello de Piñor. A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a contratación desta intervención de mellora da seguridade viaria, establecendo un prazo para a presentación de ofertas que rematará o vindeiro 23 de xaneiro.

O departamento de Infraestruturas da Xunta prevé comezar estas obras na primavera, cun prazo de execución de tres meses. A intervención consiste na mellora de dous treitos da estrada que suman 500 metros de lonxitude, que coinciden coa travesía do Reino.

A nova intervención completará a remodelación xa executada, para protexer a circulación dos peóns e rehabilitar o firme, que supuxo un investimento autonómico de 160.000 euros.

Te puede interesar