O CARBALLIÑO

A OU-214 de Boborás mellora a súa seguridade cunha senda

20190723190908546_result
photo_camera A estrada OU-214 entre a N-541 e a estación de ferrocarril de Boborás.
A obra será posible grazas a un convenio coa Axencia Galega de Infraestruturas por 209.000 euros

A Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Boborás asinarán un convenio para a renovación completa do pavimento da OU-214 e a construción dunha senda peonil paralela que redundará na calidade de vida dos veciños da contorna. O tramo transcurre entre a N-541, na Almuzara, ata a estación de ferrocarril, enlazando con outros viales de acceso a localidades como Xuvencos, Xurenzás ou Astureses. A calzada é estreita e por ese motivo non se poden construir beirarrúas, o que se sustitúe por unha senda peonil. A inversión ascende a 209.000 euros. Este convenio terá que ser aprobado polo pleno que terá lugar o próximo venres.

A aportación será asumida pola Axencia Galega de Infraestruturas, e repartirase en dúas anualidades, 50.000 euros neste ano  2019 e 159.000 euros para o 2020, sendo o concello o encargado de levar a cabo ditas obras.

A estrada OU-214 é de titularidade da Xunta de Galicia e ten unha lonxitude de 900 metros e unha anchura de 5,5 metros na maior parte do trazado, sendo a circulación de aproximadamente 350 vehículos por día.

O pavimento do viario atópase moi deteriorado polas rodeiras deixadas polos vehículos que semellan fochancas continuas lonxitudinais. A senda garantirá un espazo seguro para o tránsito de peóns nun vial con presenza de vivendas na zona.

As marxes contan con cuneta en terra e pequenos noiros que permitirán a construción dunha senda peonil paralela previa realización de traballos de limpeza de gabias, desbroce de maleza e construción de muros. Nalgún treito tamén será necesaria a canalización de pluviais. A titularidade desta estrada pasará a ser do Concello de Boborás, que velará pola conservación e mantemento futuro da estrada e da senda peonil. O pleno tamén abordará un plan económico financieiro para o exercicio 2019-2020, deixando 131.000 euros como non dispoñibles para o seu gasto dentro dos presupuestos, co fin de cumprir coa regla de gasto. Ademais, aprobará a adhesión deste municipio ao pacto dos alcaldes contra o cambio climático.

Te puede interesar