O CARBALLIÑO

Seis alumnos do Instituto acuden ó Clube de Debate

<p></p>
photo_camera O grupo de estudantes que participa no Clube de Debate.

Competirán mañá en Pontevedra con outros centros docentes gallegos

Seis alumnos do Instituto Nº 1 do Carballiño acudirán mañá a Pontevedra para debatir con estudantes doutros seis institutos galegos sobre a circunstancia de “nacer muller e vivir en desigualdade”.

Esta actividade educativa enmárcase no Clube de Debate, que organizan concellos galegos que contan con servizo de normalización lingüística, e que na edición do pasado ano resultou gañador o equipo de estudantes do Carballiño.

Nesta ocasión, o grupo que participa está integrado por Víctor Xesús Barreiro Domínguez (4º ESO), Marta López Gil (4º ESO), Beatriz Blanco Pousada (1º Bacharelato), Sandra Pérez Vilas (1º Bacharelato), Laura López López (1º Bacharelato) e Eugenio Martín Álvarez Otero (1º Bacharelato). Se o grupo carballiñés consigue pasar esta primeira fase, terá que enfrontarse de novo cos demáis grupos clasificados na fase final, que tamén se celebrará en Pontevedra o 20 de abril.

O Clube de Debate busca ser un punto de encontro para a mocidade, con tres obxectivos prioritarios: favorecer o uso do galego, incentivar o pensamento crítico e fomentar a diversidade de opinións e a tolerancia. Os debates, que se desenvolverán durante toda a xornada do sábado, serán cualificados por un xurado formado por profesoras de lingua galega e xornalistas, entre elas, o xefe de informativos da Televisión do Carballiño, Xosé Antonio Reboiro.

Te puede interesar