Tres alumnos de O Carballiño con premio polo mellor expediente

Yago Fernández, Marta Soto e Nuria Otero.
photo_camera Yago Fernández, Marta Soto e Nuria Otero.

Os alumnos do Instituto Nº 1 do Carballiño, Marta Soto Domínguez, Yago Fernandez López e Nuria Otero Castro lograron unha nota superior ao 9 na fase xeral das probas Abau, o que os fixo merecedores do Premio ao Mellor Expediente Académico. 

Con tal motivo, os tres recibiron este recoñecemento no Centro Multiusos do Sar en Santiago de Compostela por parte das tres universidades galegas: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña e Universidade de Vigo.

Marta Soto e Yago Fernández teñen previsto encamiñar os seus estudos á Biotecnoloxía, mentres que Nuria Otero ten pensado facer un dobre grao de Dereito e Administración de Empresas.

La dirección do centro educativo transmitía a satisfacción de todo o persoal ao mesmo tempo que felicitaba aos tres alumnos.

Te puede interesar