Amoeiro e Punxín aínda non enlazan coa AG-53

O deputado socialista pola provincia de Ourense, Pablo López Vidal, presentou onte unha proposición non de lei na que se insta á Xunta a executar un enlace de comunicación entre os concellos de Amoeiro, Maside e Punxín e a autovía AG-53 (Dozón-Ourense), utilizando para elo as infraestruturas da futura área de servizo prevista no quilómetro 79.
O parlamentario indicou que 'o trazado desta vía de alta capacidade percorre os concellos de Punxín, Amoeiro e Maside, pero os dous primeiros non teñen acceso directo á mesma, e os seus cidadáns non poden verse beneficiados dun xeito sinxelo das vantaxes e o valor engadido que supón o acceso a autovía'.

Neste sentido, os alcaldes socialistas de Amoeiro, Rafael Rodríguez, e de Punxín, Alfredo Cruz, explicaron que 'para non quedar aillados e conectarse co futuro, é preciso acometer este enlace, que consideramos totalmente viable e non moi costoso, que beneficiará a 6.300 persoas'.

Te puede interesar