Un andamio cubre a torre de A Veracruz, en obras

As obras comenzaron en A Veracruz. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
A empresa Ecoservicios y Bioconstrucción Atlas SL iniciou as obras de mellora na torre do templo parroquial de A Veracruz do Carballiño, que foron adxudicadas a finais do pasado mes de novembro pola Consellería de Cultura.
Cun orzamento de 160.996 euros, os traballos consisten na impermeabilización das cubertas, a canalización das augas pluviais e reparación e consolidación das pedras da fachada que presentan fisuras, según o proxecto elaborado polo arquitecto Adolfo Otero Janeiro, fillo e neto dos constructores da igrexa deseñada por Antonio Palacios.

As previsións do concelleiro de Urbanismo, Manuel Amil, son que a restauración da torre esté xa rematada no mes de xuño, tendo en conta o prazo fixado pola Xunta nas bases de licitación. As obras tamén incluén a construcción de pasarelas interiores e unha escada de acceso ó cumio, de xeito que a Parroquia de San Cibrao permitirá ós visitantes facer un percorrido para poder admirar as vistas da vila do Arenteiro, que ata agora estaban prohibidas.

Te puede interesar