O CARBALLIÑO

“Andasoa", de Carballiño, gaña o Festival de Canto de Taberna

A esta primeira convocatoria sumáronse grupos procedentes  de Santiago  e da Estrada

 O grupo carballiñés "Andasoa" proclamouse gañador do primeiro Festival de Canto de Taberna 'Un bico no cantar', que se desenvolveu na tarde-noite do pasado sábado en 29 bares e cafeterías de Carballiño. En segundo lugar quedou o grupo "Os de Maside", mentres que o terceiro lugar foi para "Os de Astureses".


No balance do Festival, que estivo promovido polo Concello de Carballiño, os concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e Manuel Dacal, respectivamente, resaltaron a gran participación de grupos e público neste certame. Ambos concelleiros salientaron que "foi unha excelente experiencia para organizar futuras edicións". Asi mesmo, poñen como exemplo do éxito o feito de que nesta convocatoria participaron grupos procedentes de Santiago e A Estrada, ademais doutros lugares de fóra da comarca.
Os premios establecéronse segundo o criterio dos hosteleiros participantes, que emitiron unha puntuación para os grupo que actuaban nos seus locais.
 

Te puede interesar