Anxo Lorenzo asegura que se fomenta a lingua galega no ensino

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo, manifestou onte na vila do Arenteiro que 'tódalas opinións sobre o ensino en galego ou castelán son respetables', co gallo da súa visita institucional ó Concello do Carballiño para ratificar a entrada deste na Rede Galega de Normalización Lingüística. O responsable autonómico asegurou que 'estamos a apoiar e fomentar o galego nos centros educativos, sempre cun equilibrio co castelán e dentro do noso programa plurilingüístico', no que tamén entra o inglés.
Anxo Lorenzo realizou estas declaracións tras serlle entregado, por parte do profesorado do IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño, dun escrito no que se critican as medidas tomadas pola Xunta de prohibición do galego en determinadas materias lectivas e a supresión de axudas para a edición de libros en galego. O secretario xeral estivo neste centro de Educación Secundaria para visitar a exposición sobre Lois Pereiro, o poeta monfortino ó que se lle adicou o Día das Letras Galegas.

Lorenzo, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, lembrou que na Rede de Normalización xa están integradas 93 entidades galegas, entre elas 88 concellos, tres mancomunidades, a Deputación ourensana e o Consello da Cultura.

Te puede interesar