A Arenteira otorga os premios da 11 edición

Os galardóns A Arenteira premian na súa 11ª edición a Eduardo Bernárdez, na modalidade de Cultura e Investigación; o Club Baloncesto Maside, en Deportes; e a María Teresa Miras Portugal, a título póstumo; incorporando este ano unha nova categoría de Superación Escolar, que recae en Jennifer Manzano Montoya. 

Destaca de Eduardo Bernárdez a súa implicación na vida cultural e social, participando na creación da Asociación Cultural Avantar, cofundador da Festa das Parroquias, promotor da publicación A Voz das Parroquias do Carballiño e autor dos libros “Un conto que non o é tanto” e “O fato“. 

O xurado valora do Club Baloncesto Maside a traxectoria seguida, sobre todo coa mocidade comarcal, creando unha estrutura formativa que desenvolve unha intensa actividade. De María Teresa Miras, sinala que foi catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular nas Universidades de Oviedo, Murcia e Complutense, ademais dunha prestixiosa investigadora. Finalmente, de Jennifer Manzano valórase o esforzo de sacar adiante os estudos da ESO e poder seguir ós superiores vencendo as dificultades que supoñen vir dun mundo onde a escolarización resulta difícil.

Te puede interesar