ENTREVISTA

Argimiro Marnotes: “O PXOM foi un acto de transparencia"

Entrevista con bastón de mando alcalde Carballiño
27-3-15
photo_camera Argimiro Marnotes co campo de fútbol do Arenteiro. 27-3-15

Argimiro Marnotes afirma que a súa máxima satisfacción é o contacto diario cos veciños 

Argimiro Marnotes afirma que a súa máxima satisfacción é o contacto diario cos veciños e sinala entre os seus obxectivos baixar o paro e mellorar o transporte público con Ourense.

A paralización do PXOM supuxo un fracaso para Argimiro Marnotes?

En todo caso sería un fracaso para os que o encargaron, o anterior grupo de goberno. Mire si tiñan pouca fe na modificación do PXOM, que o encargaron e o deixaron nun caixón gardado, para que nadie poidera saber o que pasaría. Nunca pode ser un fracaso mostrar a todo o pobo o documento máis importante que manexa un Concello e que sexan os cidadáns os que decidan se o queren. Eso foi o que fixemos, sacalo do caixón, mostrarlo aos veciños e escoitar a súa opinión e eles o agradecen. Polo tanto, máis que fracaso teríamos que falar de un acto de transparencia.

En parte por ese motivo, quedaron proxectos pendentes, como o centro de saúde e a estación intermodal. Como se resolverán?

O Carballiño resolvese día a día. Foron moitos os desaguisados de anteriores gobernos que nos tocou xestionar, asuntos cos que un non contaba e estes proxectos seguen sendo importantes para o benestar. Non renunciamos a eles e buscaranse as vías que non pasen pola modificación do PXOM.

Cal foi a súa maior satisfacción nestes catro anos?

O contacto diario cos veciños. Esta alcaldía está sempre aberta a todo cidadán e todos os que queren teñen acceso ao alcalde para expoñer dúbidas, queixas ou suxestións. Espero que se palpe na rúa o ter recuperado para o Carballiño un alcalde cercano.

E a súa maior preocupación?

A seguridade na loita contra o lume no casco urbano, sin dúbidas, é a miña maior preocupación.

Cales son os seus obxectivos prioritarios?

Seguir facendo Carballiño día a día, nunca deixar de carón os pequenos problemas dos cidadáns, que siga baixando o paro, que mellore o transporte público principalmente con Ourense, e manter a Carballiño como un espazo cordial entre veciños.

En que momento está o proxecto do Parque municipal?

Está na fase de recopilar toda a documentación para sacalo a concurso de ideas. Necesitamos un Parque municipal deseñado coa opinión de tódolos veciños.

E o Museo do Papel?

Si me pregunta pola edificación rehabilitada en terreos privados, por convenio entre gobernos so- cialistas de Carballiño e Xunta, decirlle que se manterá unha re- unión próximamente na Xunta na procura dunha subvención que nos permita adquirir os 50.000 metros cadrados, por importe de 700.000 euros, conquerindo ademais que a Pena dos Namorados se convirta tamén en pública. Logo poderase preguntar polo Museo do Papel.

A oposición afirma que non se fan inversións en termalismo. Que opina?

E o din precisamente os que pretendían expropiar un balneario, sen ter nin xiquera para pagar as facturas dos proveedores. O termalismo en Carballiño está tendo o apoio que necesitan os seus promotores e xa se visualiza. Partovia multiplica por 10 a súa superficie, o Gran Balneario terá unha piscina termal, estase proxectando un paseo termal que une balnearios, está adxudicada a realización duns mellores accesos peonis ao bañiño de Arcos.

Cando se solucionarán asuntos como a residencia do Cornuval, emerxencias, o matadoiro ou a axuda no fogar?

A residencia do Cornuval xa abre, as emerxencias xa se contratan, no servizo de axuda no fogar se invirte o dobre e cun concurso público novo. O matadeiro terá o mesmo camiño, pero os recursos humanos deste Concello son limitados e temos que priorizar moitas veces as actuacions, incluso as administrativas, tan afectadas nos derradeiros tempos na búsqueda de documentación por orden xudicial. 

Te puede interesar