obras

O arranxo dun muro garante o acceso á localidade de Paradela

A Deputación aportou a man de obra e o concello de boborás o material para asegurar o tránsito pola estrada

O Concello de Boborás e a Deputación de Ourense veñen de reforzar e reparar o muro da estrada que comunica Moldes con Paradela. O

coste da reparación do mesmo foi duns 2.000 euros en material, mentres a man de obra foi aportada pola institución provincial. Trátase dunha obra importante, posto que o muro ameazaba con caer e levar por diante parte da estrada, polo que de ser así quedarían incomunicados os veciños e as veciñas de dita localidade ao tratarse do único acceso existente, segundo sinala a portavoz do goberno municipal, Patricia Torres. 

A situación de risco de derrumbe preocupaba tanto aos veciños e de Paradela como ao propio grupo de goberno. A Deputación de Ourense, a través da súa brigada de obras, foi quen se encargou de executar os traballos de reforzo mentres que o Concello de Boborás se fixo cargo do material empregado no mesmo.

As autoridades municipais valoran positivamente a colaboración prestada polo ente provincial, e neste caso en particular polo deputado de

Cooperación, Pablo Pérez, quen se implicou directamente na axilización dos traballos ante o perigo existente de derrube.

Así, con esta obra quedou garantido o transito e a seguridade no único acceso ao pobo de Paradela. 

Te puede interesar