ARTESANÍA

A artesanía dos rapaces voltará a ter o seu espazo en Maside

Esta mostra está destinada ó público en xeral, pero os stands serán ocupados únicamente por artesáns infantís.

O Concello de Maside organiza a Feira-Mostra de Artesanía Infantil, que xa cumple a súa cuarta edición, e que está dirixida a rapaces de ata 16 anos. As autoridades municipais aproveitan as festas patronais do San Vitorio, que se celebran os días 27 e 28 do próximo mes de agosto, para desenrolar esta  Feira de Artesanía Infantil, que se ubicará na Alameda de Maside. 

Esta mostra está destinada ó público en xeral, pero os stands serán ocupados únicamente por artesáns infantís. Os stands son limitados polo que os interesados en ocupar un destes espazos para ofrecer os seus produtos, deberán solicitalo obligatoriamente antes do luns 22 de agosto nas oficinas dos Servizos Sociais municipais, en horario de 8,00 a 14,30 horas, de luns a venres, segundo sinalan os responsables deste departamento do Concello de Maside.

Te puede interesar