As obras benefician aos núcleos de Partovia, As Cavadas, Porto de Eguas e Varille, e o acceso ao centro social
O comezo das obras de asfaltado de dous viais en Partovia e no Porto de Eguas do Concello do Carballiño obrigou ao seu peche ao tráfico durante dous días, que é o tempo previsto para o remate dos traballos, segundo informan as autoridades municipais.
Trátase das pistas e estradas entre as localidades de Partovia e As Cavadas, e entre Porto de Eguas e Varille, que se atopaban en moi mal estado desde hai moito tempo, tal e como sinalaron os responsables do departamento municipal de obras, e que foron incluídas polo Concello nun programa de mellora dos accesos á pobación do medio rural, financiado polo Fondo Social Europeo.
Precisamente, a estrada ás Cavadas é o acceso ao centro social de Partovia, que é moi utilizado polos veciños desta parroquia de Partovia, desenvolvendo ao longo do ano numerosas actividades culturais, deportivas e de ocio, que contan sempre cunha importante participación.
Nestes días procedeuse á limpeza das cunetas e consolidación da rede de tuberías, e onte pola mañá comezaron os traballos de aplicar o asfaltado en quente sobre as calzadas, que se realiza con maquinaria pesada.
Segundo a previsión das autoridades locais, os traballos está previsto que rematen durante a xornada de hoxe, polo que estes viais quedarán abertos ao tráfico de novo durante a fin de semana.
O orzamento desta obra supera lixeiramente os 60.000 euros, que son aportados polo Fondo Social Europeo.
Con este proxecto, o Concello do Carballiño continúa co plan de acondicionamiento das estradas e pistas das distintas localidades do medio rural, empezando por aquelas que están máis deterioradas como é o caso destas dúas de Partovia.
Os veciños fai tempo que reclamaban esta intervención para mellorar a seguridade vial e o acceso tanto ós catro pobos que resultan directamente beneficiados como ao centro social, que é un dos máis activos do entorno. n