A asociación de mulleres rurais visita unha granxa de Ulloa

A asociación de mulleres rurais do Carballiño, integrada en Femuro (Federación de Mulleres Rurais de Ourense), participa o vindeiro sábado nunha xornada de descubrimento e valorización do entorno rural e cultural da nosa comunidade.
Serán en total 161 mulleres ourensanas que se desprazarán ata a comarca de Ulloa onde visitarán a Granxa Maruxa, mostra de emprendemento do rural galego e dunha actividade que combina a tradición e as novas tecnoloxías para a realización das súas ventas. A saída da estación de ferrocarril do Carballiño é as 9,30 horas.

Te puede interesar