O Auditorio acolle o sábado a ópera rock “Vox Populi”

Auditorio Municipal do Carballiño.
photo_camera Auditorio Municipal do Carballiño.

Dous carballiñeses referentes nas artes escénicas representan esta fin de semana no Carballiño o espectáculo “Vox Populi”. Trátase da actriz Iria Sobrado e do responsable de deseño de escenografía e iluminación, Diego Valeiras. 

Ambos forman parte de Malasombra Producións, que porá en escena esta obra este sábado, a partir das 20,30 horas, no Auditorio Manuel María. Trátase dunha ópera rock con música e letras orixinais, interpretada en directo por doce actores, actrices e músicos. O elenco artístico está formado por María Costas, Paku Granxa, César Goldi, Paula Pier, Carlos Mosquera “Mos”, Bea García, Xoque Carbajal, Iria Sobrado, Celia González, Chechu Mosquera, Lorena Martín e Andrés Sandá.

Ese mesmo día, tamén está previsto o espectáculo “Cantando con Raíz de Eduvía”, na Sala de Xuntas do Concello, ás 18,00 horas, para nenos de entre 9 meses e 4 anos.

Te puede interesar