Auxiliares do fogar demandan á empresa adxudicataria

Seis traballadoras de axuda a domicilio das 14 que prestan o servizo no Carballiño presentaron unha demanda contra a empresa adxudicataria Galaurea SA pola súa disconformidade co trato en diversos aspectos que din recibir da empresa, reclamando que se respete o convenio laboral que regula os seus dereitos e que se faga con carácter retroactivo, por exemplo, no tocante ao pago de atrasos.

Paralelamente, a totalidade de plantilla dirixiuse por escrito ó Concello, mantendo tamén unha reunión co alcalde, Argimiro Marnotes, ó que lle plantexaron idénticas reclamacións das que se fixeron coa demanda. No obstante, o rexidor afirma que cando abordou a problemática coas 14 traballadoras non tiña constancia de que un grupo delas demandara á empresa.

Nese senso, dirixiuse onte por escrito a elas e a Galaurea SA para comunicarlles que "cando se pide mediación do Concello sobre este asunto, enténdese que debería de ser para que busque un acercamento de posturas", e engade que "non entendemos e non aceptamos dende o Concello, que por un lado o día 6 de marzo se pida mediación cando o día 5 (antes de que rematase un prazo legal para formular demanda, pois compre indicar que a conciliación foi o 24 de febreiro), se interpuxese a demanda. En consecuencia, indica Marnotes que non cabe mais que esperar a que se efectúe a vista do xuízo e sexa a xustiza quen determine o cumprimento ou non da empresa.

Te puede interesar