Beariz preserva o seu patrimonio arqueolóxico

Lugar onde está ubicada a necrópole tumular de Garfián.
photo_camera Lugar onde está ubicada a necrópole tumular de Garfián.
A última intervención executouse na necrópole de Garfián, onde hai cinco mámoas

O Concello de Beariz desenvolveu traballos arqueolóxicos para a posta en valor da necrópole tumular en Garfián e da mámoa de Os Liñares. Este Concello ten rexistrados 25 monumentos tumulares con masa tumular que oscila entre os 11 metros e os 35 metros de diámetro, con tendencias de patróns construtivos entre os 20 metros e os 26 metros de diámetro e unha altura media conservada de 140 centímetros.

Na localidade de Garfián actuouse nun conxunto de 5 mámoas, realizando traballos de roza e limpeza das mámoas e do seu contorno inmediato e balizamento permanente da necrópole tumular, coa instalación de un total de 140 postes de madeira en autoclave de 1,50 metros para delimitar a contorna dos xacementos, de tal xeito que se marcou unha zona que engloba ás cinco mámoas, co fin de facelas visibles de cara a futuras obras.

Ademais, procedeuse á colocación dun panel interpretativo e dun atril de aceiro.

Os traballos, aos que se destinaron 11.000 euros, incluíron tamén a documentación fotográfica e planimétrica da área de actuación e das diferentes fases; a fotografía aérea e fotogrametría.

Realizouse un soporte dixital das imaxes obtidas durante o proceso de traballo de campo e fixéronse planos da intervención arqueolóxica.

O Concello de Beariz proxecta divulgar entre a comunidade deste municipio os traballos que se levaron a cabo, informando sobre o valor de estos xacementos arqueolóxicos, que tamén quedará reflexado nas fichas actualizadas de cada unha das mámoas da necrópole sobre a intervención.

Os traballos foron executados polo arqueólogo Jorge Lamas, ao que o Concello lle adxudicou este proxecto co que persigue destacar o patrimonio arqueóloxico, sinalizando e dando a coñecer os xacementos para a súa conservación.

Te puede interesar