O CARBALLIÑO

Beariz rehabilita a Praza de Alvite e unha área de ocio

photo_camera A Praza de Alvite foi sometida a unha importante remodelación.

Un investimento de 80.000 euros permitiu a mellora de espazos públicos abandonados 

Os veciños de Beariz disfrutan xa de dous espacios públicos que acaban de ser rehabilitados: a Praza de Alvite e a zona recreativa As Barbeiras, no barrio do Iglesario da capitalidade, por un importe total de 79.087 euros. A Consellería de Medio Ambiente financiou as obras en Alvite cun orzamento de 60.500 euros e consistiron no levantado do pavimento existente; desbroce do terreo e recheos; construción dun muro de formigón para contención das terras e prolongación dos muros de mampostería; pavimentación da zona de camiño en adoquín; pavimentación de celosía de formigón; colocación de lousas de pizarra; dotación de tres prazas de aparcadoiro; ademais de obras de axardinamento; instalación de papeleiras e colocación dunha varanda rústica en madeira tratada.

En canto As Barbeiras, a inversión foi de 18.587 euros. Esta zona recreativa atopábase cun pavimento defectuoso e irregular nos accesos, un valado perimetral danado, o conxunto de mobiliario deportivo deteriorado e unha zona verde con maleza. Así, procedeuse á dotación de pavimento de lousa hidráulica; incrementouse no valado a protección en altura na zona máis cercana ó río mediante unha rede de fondo fixa para protección de balóns ; sustituíronse as porterías existentes, ademais de relizar o desbroce e de plantar magnolios. O alcalde de Beariz, Manuel Penedo, destaca este entorno como unha zona de ocio importante para o municipio no que se atopan tamén o Centro Social do Iglesario e un parque infantil.

Te puede interesar