O BNG propón a restauración da antiga estación de Boborás

O estado de abandono que presenta a antiga estación de ferrocarril de Boborás, ubicada na parroquia de Xuvencos, levou ó grupo municipal do BNG a presentar unha moción na que solicita a súa rehabilitación, co obxectivo de adicala a fines de interese social.
A voceira nacionalista na Corporación, María Dolores Cachafeiro, lembra que 'o Ministerio de Fomento, ó traverso de Adif, vén realizando obras en distintos concellos, dentro dun plan chamado Modernización de Estaciones de Ferrocarril'.
Así, o BNG insta á alcaldía a 'dirixirse as autoridades estatais para que a estación de Boborás sexa incluida neste programa, ou ben en calquera outro convenio que permita que esta construcción de calidade e beleza sexa restaurada'. n

Te puede interesar