O BNG renova o seu consello local tras perder 1.600 votos

Diego González. (Foto: MARCOS ATRIO)
O descalabro electoral sufrido polo BNG carballiñés o pasado 22 de maio, coa perda de 1.600 votos e tres concelleiros) motivou unha crise no seo do consello local, que derivou na dimisión do seu responsable, Eladino Cabanelas, da oficialista UPG, e doutros dous membros, Pilar Barros e Marco Antonio Reboredo, do movemento 'Encontro Irmandiño' e discrepantes coa citada liña.
Ante esta situación, os dirixentes locais do BNG decidiron renovar os cargos citados, nomeando a Diego González Valeiras como secretario local, e introducindo a Xosé Manuel Codesido, Soledad Sobrado e Elvira Fernández como substitutos dos cesados.

Diego González recoñeceu que 'houbo erros no noso plantexamento cara ós cidadáns do Carballiño, que tentamos arranxar cunha renovación, á espera da asamblea xeral do vindeiro outono'. No consello local, ademáis de Valeiras, mantense Áurea Francisco, única concelleira do BNG na Corporación municipal.

Te puede interesar