Boborás estrea un programa de actividades para escolares

A Concellaría de Xuventude e Deporte do Concello de Boborás solicitou a subvención 'Programa de apertura dun centro educativo público fóra do horario lectivo', encamiñado a que o colexio 'Nosa Señora de Xuvencos' poida acoller diferentes actividades, que irán destinadas tanto ós nenos e nenas de Educación Primaria como da propia ESO, e tamén ós seus pais e nais.
Así, dende outubro comezarase co fomento do inglés e o uso das novas tecnoloxías, tales como internet coa busca de información na rede , advertindo dos perigos do seu uso sen control. Tamén se impartirán clases de reforzo de matemáticas e lingua, coa organización de campamentos educativos.

Te puede interesar