A brigada do Concello ultima as melloras no camping

As brigadas de Medio Rural do Concello do Carballiño están, nestes días, a intensificar o seu traballo co fin de ofrecer a mellor cara do camping municipal nas datas de apertura, prevista na vindeira Semana Santa. Entre as melloras, está a creación de novos espacios de ocio para os campistas. Desta forma, estase habilitando unha zona de merendeiro, con mobiliario de pedra acorde co entorno, e onde os usuarios destas instalacións poderán disfrutar da natureza sen perder a comodidade que se busca en este tipo de recintos turísticos.
Este merendero ubicarase na parte alta do camping, tendo sempre en conta ó resto dos usuarios, e polo tanto alonxado das das tendas de campaña ou caravanas. Dende a súa ubicación ofrecerá unha maravillosa vista sobre o río Arenteiro. Asemade, tamén se está acondicionando un espacio de esparcimento para os máis pequenos, con xogos adaptados as súas necesidades.

Por último o edil de Turismo, Manuel Dacal ofreceu ós restaurantes do entorno a posibilidade de crear un menú para os campistas, a un prezo razoable, algo que demandan os visitantes para non ter que desprazarse a diario ata os núcleos de poboación cercanos. Neste mesmo senso , instalaranse máquinas expendedoras cos productos máis necesarios.

Todas estas melloras estarán funcionando a vindeira Semana Santa, data na que serán abertas as portas deste camping municipal. O mesmo tempo, as autoridades locais anunciaron que estarán aprobadas as modificacións das ordenanzas fiscais para ofrecer uns precios máis competitivos acordes co mercado actual.
Dacal engadía que durante ese periodo os bungalós estarán ocupados por un campus deportivo que se celebrará no Carballiño.

Te puede interesar