PROVINCIA

Carballiño da luz verde á nova relación de postos de traballo

<p></p>
photo_camera As agrupacións políticas do concello de Carballiño reuníronse onte para debatir no último pleno do ano

O Pleno apoiou a proposta de solicitar que a Festa do Pulpo sexa de Interese Turístico Internacional

O concello de O Carballiño celebrou, na mañá de onte, o último pleno municipal do ano. Para abrir a sesión, o apoio unánime de todos os partidos políticos para a proposta, ante a Consellería de Tursimo, para a declaración da Festa do Pulpo como de Interese Turístico Internacional. "Non hai duda de que se trata dun logro grande, tanto para o concello como para a provincia", aseguraba Francisco Fumega, alcalde do Carballiño. Pola súa parte, Argimiro Marnotes, portavoz do Partido Popular, comentou que durante o seu mandato o concello estaba enganado, xa que crian que xa se conseguira ese título e en 2012 intentárono sen éxito.

O punto da orde do día que suscitou un mayor debate entre os grupos políticos foi o da Relación de Postos de Traballo do 2018. O último modelo completo, polo que se está a rexer hoxe o concello data de 2006. Adolfo Nogueira, portavoz do PSOE, facía fincapé na necesidade de sacar adiante este documento, ademáis de agradecer aos demáis portavoces a súa implicación e aos sindicatos polos 18 meses que levan traballando en conxunto. O BNG oponse a presentalo sen solucionar certos matices, e asegura que en caso de que sexa impugnado, pedirán a dimisión do actual goberno. Asociación Veciñal tamén votou en contra. O Partido Popular, pola súa parte, facilitou a súa aprobación con cinco abstencións e un voto en contra, de control, segundo o PP.

A Corporación aprobou manter reunións cos transportistas co obxectivo de buscar alternativas para eliminar os camións do casco urbano, controlar que se cumplan as leis de ordenanza das terrazas no concello , renovar a rede de abastecemento de auga e pedir a Viaqua un plano técnico do percorrido desta rede. 

Te puede interesar