Provincia

O Carballiño fai descontos en taxas e impostos de ata o 95%

Os recibos domiciliados do Ibi, vehículos e recollida de lixo teñen unha bonificación do 1,5%

 O Concello de Carballiño está remitindo ás distintas asociacións do municipio información sobre as bonificacións dos impostos e taxas para o 2016. Comunica que terán un desconto do 1,5% os recibos domiciliados do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) e a taxa por recollida domiciliaria de lixo.


Co fin de impulsar a construción, haberá unha bonificación do 90% na cota íntegra do imposto, sempre que así o soliciten os interesados antes do inicio das obras, para os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria.
En relación ó IBI, unha bonificación do 25% da cota íntegra en asentamentos de poboación con preeminencia de actividades agrícolas, gandeira, forestais ou análogas. Ademais, para as familias numerosas con 5 ou máis fillos e con menos de 16.000 euros de renda anual, o desconto será do 50%; con 4 e 15.000 euros, o 30%; e con 3 e menos de 14.000 euros o 20% .


Tamén os bens rústicos das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra, cun 95% e as vivendas de protección oficial co 50%.
Terán unha bonificación do 50% da cota do IVTM os vehículos históricos e aplicaranse cotas reducidas segundo o nivel de renda respecto ao IPREM, ou por ser familia numerosa ou estar en situación de emerxencia social á taxa das escolas deportivas, por recollida de lixo (só para situación de emerxencia social), do Conservatorio e Escola de Música e do prezo público de axuda no fogar e de conciliación da vida familiar e laboral. Entre outras bonificacións, tamén se contempla unha do 95% da cota do imposto nas transmisións de terreos, e na transmisión e constitución de dereitos reais.

Te puede interesar