O Carballiño

Catorce empresas optan a arranxar o firme da AG-53

O Carballiño

Infraestructuras

Catorce empresas optan a arranxar o firme da AG-53

As obras executaranse entre los enlaces de Dozón e San Cristovo de Cea, licitadas en máis de 4,8 millóns

Un total de catorce empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de renovación do firme na autoestrada AG-53, no treito entre os enlaces de Dozón e de San Cristovo de Cea, que foron licitadas por máis de 4,8 millóns de euros.

A intervención conta cun prazo de execución de seis meses e desenvolverase no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 56,320 e 74,200 da autoestrada. 

Os traballos centraranse na reparación de danos superficiais na estrada, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vía e nos ramais do enlace de San Cristovo de Cea.

Tamén se levará a cabo o repintado de todas as marcas viarias do tronco e dos ramais da autoestrada e a reposición de captafaros e elementos de balizamento.

Esta intervención está enmarcada no mantemento das estradas autonómicas que vén realizando a Xunta de Galicia co fin de garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade na comunidade.

Esta actuación foi autorizada no Consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

O firme está bastante deteriorado polo que a Administración autonómica aprobou a execución deste proxecto de acondicionamento que adxudicará en próximos días.