Educación

A Celebración da Poesía reunirá aos escolares na Insua dos Poetas

Participarán alumnos de centros da comarca do Carballiño e da provincia e un convidado de Lugo

A Fundación Insua dos Poetas organiza a VIII Celebración da Árbore, a Auga e a Poesía, o próximo martes, 17 de marzo. Durante este acto, no que participan numerosos escolares de toda a comarca do Carballiño e doutros concellos da provincia ademais de centros convidados, rendirase homenaxe a Xeración Nós, con motivo do seu centenario. A paraxe A Insua dos Poetas, ubicado na localidade da Esgueva (parroquia de Madarnás), é o lugar desta iniciativa na que os rapaces son os protagonistas, e que dará comezo ás 11,00 horas.

Como en edicións anteriores, os escolares participarán no acto recitando poesía, desenvolvendo distintas representacións ou con actuacións musicais para a Celebración da Árbore, a Auga e a Poesía. Posteriormente, cada colexio plantará unha especie diferente de árbore nesta contorna na que se confunde a natureza coa arte, xa que acolle numerosas esculturas dos máis prestixiosos artistas galegos. Nesta paraxe tamén se celebra a Festa da Palabra organizado pola mesma fundación.

Participarán 11 colexios: CEIP Calvo Sotelo e os institutos Número 1 e Chamoso Lamas, os centros educativos Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, e os CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás), de Beariz, San Amaro, Terras de Maside, Antonio Failde (Cambeo), Albino Núñez (Ourense) e como centro convidado o CEIP Monte Valiño de Ferreira de Pantón (Lugo).

Te puede interesar