Un certame de corais abre o programa conxunto de actividades dos concellos de Galicia Central

O sábado 29 de novembro é a data fixada polos técnicos de Galicia Central para a celebración da primeira edición do Certame de Corais desta asociación voluntaria.

O sábado 29 de novembro é a data fixada polos técnicos de Galicia Central para a celebración da primeira edición do Certame de Corais desta asociación voluntaria, na que están integrados os municipios de Lalín, Melide, Monforte de Lemos e Carballiño.

Este festival desenvolverase na localidade de Melide (A Coruña) e nela participarán agrupacións dos catro concellos. No caso de Lalín, ao non contar con coral propia, enviará en representación a un grupo de alumnos do Conservatorio de Lalín.

Esta será a primeira actividade do programa conxunto que porán en marcha os municipios de Galicia Central ó longo deste mesmo ano. Por outra banda, os representantes municipais, reuni dos na Casa do Concello de Lalín, acordaron a aprobación nos respectivos plenos das corporacións do mes de novembro os estatutos da asociación, de cara a axilizar a formalización do rexistro oficial de Galicia Central.

Á reunión asistiron como delegados do Carballiño o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, e a xerente do camping municipal, Mónica Banga.

Te puede interesar