O Chamoso Lamas introduce a fotografía no ámbito escolar

O Instituto Chamoso Lamas do Carballiño é o único da provincia de Ourense que foi seleccionado para participar no programa 'Fotografía en curso', que se realiza en colaboración co Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI). Son en total oito centros de toda Galicia os que se benefician desta iniciativa cada ano. A través deste programa, no que participan oito departamentos do centro, preténdese introducir a fotografía como unha ferramenta educativa e potenciar a capacidade creativa do alumnado, así como a mellora do seu rendemento escolar e formación, obxectivo común a todas estas iniciativas.
A dirección do centro destaca que un ano máis o profesorado implícase en proxectos de innovación educativa que acaban redundando nunha mellora non so do rendemento escolar, senón tamen da convivencia no centro e do seu funcionamento en xeral.

O Instituto tamén participa neste curso no Plan Proxecta e volverá un ano máis a desenvolver o programa Xogade, coordinado polo departamento de Educación Física, co que se trata de fomentar a realización da actividade física no alumnado. Ademáis, a través do Quérote+ un grupo de profesores coordinados polo departamento de Orientación recibirá asesoramento, formación e información por parte de profesionais en temas de autoestima, educación afectivo-sexual, convivencia nas aulas, nas redes sociais e nos espazos de ocio.

Te puede interesar