O Chamoso propón un museo da electricidade

Integrantes do Centro de Estudios Chamoso Lamas visitando a exposición.
photo_camera Integrantes do Centro de Estudios Chamoso Lamas visitando a exposición.

O Centro de Estudios Chamoso Lamas, que ten, entre outros fins fundacionais, documentar e divulgar o patrimonio cultural e medioambiental da comarca do Carballiño, considera que a mostra sobre as orixes e a evolución da luz eléctrica, que se exhibe no IES Chamoso Lamas e que se pode visitar ata o 12 deste mes, ten un gran interese histórico e por iso ofrece a súa colaboración para editar un catálogo da mesma.

Ademais, propón que esta exposición sexa un punto de partida para a creación dun futuro museo que plasme o nacemento e a evolución da electricidade no concello carballiñés, que foi pioneiro a nivel provincial na implantación da luz eléctrica.

Integrantes do colectivo realizaron esta semana unha visita programada á mostra, comprobando o alto valor das pezas que se exhiben e que deben conservarse nas mellores condicións posibles co obxectivo de que poidan formar parte, xunto con outras que se consigan incorporar, deste museo que amose o carácter pioneiro do municipio na chegada da luz eléctrica

Te puede interesar