Cincocentos xinetes acudirán este domingo a Maside para celebrar a ‘Festa do Cabalo’

Unha competición na ‘Festa do Cabalo’ de Maside. (Foto: Archivo )
A vixésimo primeira edición da ‘Festa do Cabalo’ de Maside celebrarase o vindeiro domingo na paraxe de O Puzo do Lago cun orzamento de 16.000 euros. Os organizadores prevén a inscripción de máis de 500 xinetes nas competicións que se desenvolverán ó longo da xornada.
Un total de 20 concursos e probas, ademais dun rodeo americano, integran o programa da ‘Festa do Cabalo’ de Maside, que se celebrará o vindeiro domingo en O Puzo do Lago. Nesta vixésimo primeira edición, a Asociación do Cabalo Puzo do Lago ‘destina un orzamento aproximado de 16.000 euros, dos cales 7.200 euros son destinados ós premios’, comenta xaquín Rodríguez, presidente deste colectivo.

No recinto do festexo instalaranse carpas con capacidade para 2.000 persoas, nas que se servirá polbo, churrasco, carne ó caldeiro, sardiñas asadas e tamén carne de poldro. ‘Tal e como van as inscripcións, pensamos que imos chegar e incluso superar a cifra de 500 cabalos para os torneos’, adianta Xaquín Rodríguez. A xornada iniciarase ás nove da mañá, cos concursos de beleza e anda dura según as distintas razas, e logo haberá un descanso ás dúas da tarde para o xantar.

Colaboración

Dende as 16.00 horas sucederanse a competición para nenos e as diferentes carreiras -incluida unha de burrospara rematar cos relevos e o rodeo americano, antes da entrega dos premios en metálico e trofeos, fixada para as 20.30 horas. A organización ten o apoio e colaboración económica do Concello de Maside, Deputación provincial, Xunta de Galicia e Caixanova.

Declaración como espazo natural

O Concello de Maside está a tramitar ante a Consellería de Medio Ambiente a declaración de O Puzo do Lago como Espacio natural de interés local (Enil), a fin de conservar a paisaxe e os vestixios mineros da época romana. Iste departamento autonómico vén de conceder unha axuda de 102.000 euros para a creación nesta paraxe dun observatorio de aves, a limpeza de maleza e a construcción dun sendeiro ó redor da lagoa alí existente.



Te puede interesar