Cine Club proxecta o filme “En busca de Summerland"

Os pases serán hoxe, ás 19,00 horas en versión dobrada ao castelán e o próximo domingo en versión orixinal, ás 19,30 horas

Cine Club Carballiño proxecta hoxe e o domingo a película británica "En busca de Summerland", protagonizada por Gemma Aterton. En Inglaterra, durante a Segunda Guerra Mundial, moitos nenos foron evacuados das cidades e enviados a pequenos pobos con familias que temporalmente facíanse cargo deles. Cando un deste nenos, Frank, é asignado a Alice, unha escritora solitaria e atormentada por unha historia do pasado, ela resístese a aceptalo. 

Os pases serán hoxe, ás 19,00 horas en versión dobrada ao castelán e o próximo domingo en versión orixinal, ás 19,30 horas, debido a unha actividade previa no Auditorio Manuel María.

Te puede interesar