O cine feito en Carballiño animará hoxe as Xociviga

Proxección de 'O Apóstolo', na Praza da Veracruz. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
As Xornadas de Cine e Video en Galicia abrían onte o telón desta 30 edición, estreando unha gran pantalla de 5 metros de longo por 3 de alto, que se colocou na nova Praza da Veracruz e nada menos que para a proxección dunha recoñecida longometraxe galega de animación como é 'O Apóstolo'.
O público disfrutou dunha noite de cine ó aire libre para o arranque dunha programación que se desenvolverá ata o 31 de agosto.

A segunda sesión de 'A noite na Veracruz' terá lugar hoxe dentro da sección 'Rodando no Carballiño', co pase do documental 'O templo da Vera-Cruz de Antonio Palacios' realizado coa técnica de conversión da fotografía 2D a 3D, como previa á película 'A lenda da doncela' de Juan Pinzás. Esta película foi rodada no ano 1994 no Carballiño e nos concellos de Vilamarín, Coles e Leiro, e nela participaron como figurantes ducias de veciños da zona.

O programa acollerá as seccións de 'Cine galego', 'Mirada adolescente en dous mundos', 'Outras visións', 'Cine infantil', 'Curtas á carta', 'Recuperando a imaxe', a exposición 'Así se fixo O Apóstolo' e a relativa aos homenaxes a Manolo González e Manuel Iglesias Nanín.

Te puede interesar