Os comerciantes carballiñeses editan unha guía de servizos

Un achegamento máis doado á información que lles interesa ós seus afiliados é o obxectivo da revista que editou a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño (ACEC), cunha tirada inicial de 300 exemplares.
'Nesta publicación inclúese unha guía dos servizos que podemos ofertar ós asociados, como son os de asesoría xurídica ó traverso da Cámara de Comercio ou os descontos en entidades bancarias, operadoras de telefonía e axencias de seguros, coas que temos convenios asinados', sinalou Adolfo Nogueira, presidente do colectivo.

A revista tamén recolle as actividades desenroladas durante todo o ano, como son as campañas de promoción de compra, nas que se premia a fidelidade dos clientes.

Te puede interesar