O CARBALLIÑO

O comercio está satisfeito coa asistencia á Feira de Stocks

As condicións meteorolóxicas, aínda que frías, acompañaron aos 14 comerciantes expositores

A asociación Carballiño Centro Comercial Aberto mostrase satisfeira coa participación de público na pasada edición da Feira de Stocks realizada na Praza do Emigrante durante este último fin de semana. As condicións meteorolóxicas, aínda que frías, acompañaron aos 14 comerciantes expositores, dos cales 4 eran establecementos que participaron por primeira vez neste tipo de actividade. Ademais dos sorteos que repartiron 12 premios de vales de compra, as novas fórmulas de animación infantil ou a elección dunha nova ubicación, ofreceron un aire fresco e mellorado á mostra.

Te puede interesar