Comezan as actividades de 'Preescolar na Casa' para cativos

A Concellería de Educación do Carballiño anunciou que este ano o programa 'Preescolar na Casa: Educar en Familia', comezará a desenvolverse durante o curso lectivo coa colaboración municipal. Según indicaron os responsables deste departamento do Concello, 'é un programa sen custo algún, dirixido ás familias que teñen nenos e nenas de ata tres ano de idade, independientemente de que asistan ou non á gardería'.
Os técnicos desta iniciativa organizarán actividades lúdicas e axeitadas a cada grupo de idade, ademais de compartir dúbidas e experiencias con pais e nais'. Co gallo de facer un acto de presentación, convócase a tódolos proxenitores interesados a unha xuntanza, que será o vindeiro mércores, ás 16.30 horas, nas instalacións municipais da rúa Calvo Sotelo.

O obxectivo desta reunión é que pais e nais poidan coñecer o novo servizo e, ó mesmo tempo, aportar ideas para o seu funcionamento, que será coordenado polos traballadores da propia Concellería de Educación.

Te puede interesar