O concelleiro de Obras queréllase contra Bernardo García, que cuestionó su política urbanística nun programa de radio

Edelmiro Mateo. (Foto: M.P.)
O edil de Obras do Carballiño, Edelmiro Mateo, do PSOE, iniciou un proceso de querella criminal contra o concelleiro Bernardo García, do BNG, ó entender que o insultou e calumniou nun programa radiofónico no que criticaba a súa xestión.
Un dos concelleiros do BNG na Corporación Municipal do Carballiño, Bernardo García Nóvoa, deberá acudir o vindeiro día 29 ó Xulgado de Instrucción da vila, ó acto de conciliación ó que foi requerido polo edil socialista Edelmiro Mateo Prado.

Este trámite xurídico está previsto na Lei de Enxuizamento Criminal no proceso de presentación, por parte do concelleiro do PSOE, dunha querella por inxu rias e calumnias contra o seu compañeiro nacionalista na Corporación, por unhas manifestaciós que Bernardo García fixo na emisora de radio de Cope Carballiño o pasado 28 de abril.

Nese día, e no bloque do programa ‘A Mañá de Cope O Carballiño’, que presenta o xornalista Xan Pinal, o edil do BNG criticou a xestión de Edelmiro Mateo como responsable da Concellería de Obras e Urbanismos, coincidindo coa polémica suscitada polos veciños da rúa Río Avia, que rexeitaban a construcción ilegal dun muro que impedía o paso ó río Arenteiro. Na súa intervención radiofónica, Bernardo García comentou que era ‘un capítulo máis desta película á que nos tén acostumados Edelmiro Mateo, o chapuzas de Ventosa’.

‘Moi graves’

Pero García Nóvoa tamén se referiu a outras polémicas urbanísticas no municipio, das que fixo responsable ó concelleiro de Obras, facendo un paralelismo entre Marbella e Carballiño en cuestión de ilegalidades urbanísticas. Edelmiro Mateo señaló ayer que ‘estas afirmacións son moi graves e tan só desexo que rectifique, por iso pedín o acto de conciliación e tan só un euro de indemnización’.



Te puede interesar