INFRAESTRUCTURAS

O Concello alonga unha beirarrúa da rúa Carreira

uploaded_obra_result
photo_camera Así quedou a beirarrúa de Aldara, tras as obras.

O Concello do Carballiño solicita a colaboración cidadá e pide disculpas aos veciños, transeúntes e conductores polas molestias que pode causar esta obra

O Obradoiro de Emprego do Carballiño comezou onte a ampliación da beirarrúa da Carreira, tras rematar a da rúa Aldara. É o segundo proxecto que realiza e consistirá en darlle máis anchura á beirarrúa da marxe dereita, co obxectivo de gañar espacio para os peóns e facilitar o paso de persoas con sillas de bebés ou de persoas con discapacidade, xa que esta é a ruta habitual para acudir ao centro de saúde, polo que é unha das rúas máis concurrida. 

Ao mesmo tempo, manteranse os aparcamentos existentes, agás nun pequeno tramo ao comezo da rúa no que é máis estraita debido a unha casa vella que sobresae da línea de edificación. 

O Concello do Carballiño solicita a colaboración cidadá e pide disculpas aos veciños, transeúntes e conductores polas molestias que pode causar esta obra, "que é absolutamente necesaria para humanizar esta rúa que ten moito uso, sobre todo,  para as persoas que acuden ao centro de saúde, ao Instituto número 1 e á delegación de Facenda", segundo sinalan as autoridades municipais. 

Te puede interesar