O Concello asfalta camiños na contorna do pobo de Seoane

O Concello do Carballiño leva a cabo as obras de mellora de varias pistas rurais de accesos e comunicación interior dos núcleos rurais de Seoane, O Barón, Mouriz, A Granxa e A Uceira. 

Trátase da execución dun proxecto para definir o trazado e mellorar a circulación rodada dos viais de comunicación, coa conseguinte reposición e remodelación das calzadas existentes, na procura de mellorar os accesos e a comunicación a través da rede viaria de titularidade municipal.

O orzamento destas obras ascende a 268.950 euros. Consisten na execución dunha limpeza mecánica de cunetas; no fresado de pavimento bituminoso ou de formigón existente; na reposición do firme a base de aglomerado en quente e no recalce de tapas de rexistro en calzada con dado de formigón.

O prazo de execución de estas obras é de  catro meses, segundo sinalan os responsables municipais

Te puede interesar