O Concello de Beariz acondiciona tres estradas

Beariz.

O Concello de Beariz vén de asinar un convenio coa Consellería de Medio Rural para a realización de obras de infraestrutura rural nas localidades de Muradás, A Ermida e Beariz. O orzamento ascende á cantidade de 48.000 euros. Trátase de tres estradas que serán acondicionadas para mellorar a comunicación.

Actualmente a estrada que dá acceso ao núcleo rural de A Ermida atópase con pavimento asfáltico deteriorado polo que se propón unha actualización para ampliar e mellorar o acceso ao núcleo dende a estrada N-541.

Tamén o acceso a Muradás ten o aglomerado en malas condicións, sobre todo nos entronques coa estrada comarcal OU-212. 

Por último, en Beariz actuarase no acceso á zona da Goberna onde se atopan o CEIP Beariz, a nave municipal e instalacións deportivas.

Te puede interesar